Formación

Dende Galeatro creemos moi importante utilizar o teatro como ferramenta educativa. Que os alumnos e alumnas coñezan as vantaxes que ten practicar esta arte milenaria. Utilizando o xogo dramático como motor de traballo o obxectivo final sempre será o acto de representar.

 

Creemos que este tipo de actividade enriquece a educación dos rapaces e rapazas. Failles ter novas inquedanzas, descubrir novos intereses e sobre todo achegarse ó mundo cultural.

 

Os nosos monitores, todos licenciados en arte dramática, teñen ampla experiencia na formación teatral. Serán os encargados de guiar ós alumnos e alumnas polo seu imaxinario creativo.

Artes Escénicas na infancia

Artes Escénicas en secundaria

© 2023 por COMPAÑÍA DE TEATRO. Creado con Wix.com
 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now