A Compañía

Galeatro é a primeira compañía teatral carballesa. Foi fundada polos intérpretes Alba Bermúdez e Tone Martínez no ano 2015 co obxectivo de crear proxectos teatrais para público familiar e fomentar a formación en artes escénicas. Cos espectáculos "De leria con Castelao","Comechíns, segundo prato", “Identifíca-t” ou as pezas baseadas na figura á que se lle adican as letras galegas, percorremos o territorio galego.

En 2017 estreamos "Muiñada", o noso primeiro espectáculo de gran formato coproducido polo FIOT.

En 2020 naceu a nosa nova criatura: "Carabela", coa intención de concienciar aos nosos cativos e cativas sobre a problemática do uso masivo de plástico.

Alba Bermúdez

Actriz

Licenciada en Interpretación Textual pola Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. No 2013
realizou o Máster de Artes Escénicas na Universidade Rey Juan Carlos e no 2014 o Postgrado de Arte Cultura e Intervención Social.
O seu percorrido profesional como actriz abrangue compañías como "Triatreros", "Contraproducións" ou "Galeatro", da cal é fundadora.

No eido audiovisual participou en "Serramoura",  na webserie "Dálle Jas" ou na curta "As Peixeiras".

Como narradora oral, percorre as bibliotecas de Galicia coa súa sesión de contos "Comechíns, segundo prato".

A súa labor como actriz e como narradora oral, compleméntase co desenvolvemento de obradoiros de artes escénicas. Actividade esta que leva exercendo na última década.

Tone Martínez

Actor

Licenciado en Arte Dramático pola ESAD de Galicia, comezou o seu percorrido teatral no Grupo de
Teatro Escolar Sardiña. Gañador do premio a mellor actor no certame teatral Marta Sieiro, traballou en diversas montaxes de compañías profesionais coma “La Cubana” de Cataluña, "Artestudio Xestión Cultural", "Triatreros" ou o "Centro Dramático Galego" É fundador da compañía Galeatro coa que percorre toda a xeografía Galega cos seus espectáculos "De Leria con Castelao", "Muiñada" ou "Carabela"
No mundo audiovisual participou en series coma: “O Faro”, “Os Atlánticos”, “Mareas Vivas”, "Pazo de Familia", "Serramoura" ou webseries como "Interfecto" ou "Dálle Jas".

A súa labor interpretativa compleméntase coa súa labor como formador en artes escénicas. Leva máis de dez anos impartindo obradoiros en diversos centros da comunidade.

© 2023 por COMPAÑÍA DE TEATRO. Creado con Wix.com
 

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now